CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos superan as 350.000 mortes por covid-19

Publicado o 04/01/2021 08:44
Os Estados Unidos superan as 350.000 mortes por covid-19

Os Estados Unidos chegaron aos 20,6 millóns de casos confirmados e a 351.426 falecidos pola covid-19, segundo co reconto independiente da Universidade Johns Hpkins.

Este balance é de 1.506 mortos máis que o sábado e de 232.841 contaxios.

O estado de Nova York segue como o máis golpeado do país pola pandemia con 38.369 mortos, seguido por Texas (28.654), California (26.635), Florida (21.978) e Nova Jersey (19.363).

O balance provisional de falecidos supera a cota máis baixa das estimacións iniciais da Casa Blanca, que proxectou no mellor dos casos entre 100.000 e 240.000 mortes pola pandemia.

O Instituto de Métricas e Evaliacións de Saúde da Universidade de Washington calcula que cando Trump abandone o poder o próximo 20 de xaneiro morrerían 420.000 persoaas.