CRTVG

Buscar

EUA aséstalle un duro golpe á economía cubana e prohibe as viaxes en cruceiro á illa

Publicado o 04/06/2019 19:41
EUA aséstalle un duro golpe á economía cubana e prohibe as viaxes en cruceiro á illa

O Goberno dos Estados Unidos anunciou hoxe que prohibirá as viaxes en cruceiro a Cuba, o que lle asesta un gran golpe á economía cubana e a esa puxante industria que crecera desde o desxeo iniciado en 2014.

O Departamento de Estado especificou nun comunicado que "EUA non permitirá as visitas a Cuba a través de embarcacións de pasaxeiros e embarcacións recreativas, incluídos cruceiros e iates, así como avións privados e corporativos".

A pesar das novas restricións, os voos comerciais poderán seguir operando entre EUA e Cuba.

O Goberno cubano rexeitou este martes e vaticinou o fracaso das medidas anunciadas hoxe polos Estados Unidos, que restrinxirá aínda máis as viaxes dos seus cidadáns á illa, onde xa non poderán chegar en cruceiro nin baixo a popular categoría de visita cultural e educativa coñecida como 'people to people'.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019