CRTVG

Buscar

Ethel Vázquez ofrécelle ao Concello de Ourense a colaboración da Xunta para arranxar os danos

Publicado o 14/06/2021 14:47

Unha das zonas máis afectadas pola treboada en Ourense foi a zona onde se atopa o pavillón dos Remedios que quedou sen teito. Esta tarde o Concello manterá unha reunión urxente para arranxar os danos ante a previsión de novas treboadas que tamén poderían afectar a cidade.

A conselleira de Infraestruturas, acompañada por membros da corporación municipal, visitaba este mediodía a zona. Ethel Vázquez púxose a disposición do Concello para axudar a recuperar, dixo, canto antes a normalidade na cidade. 

Noticias web

14/06/2021