CRTVG

Buscar

Ethel Vázquez urxe desbloquear o acordo entre Xunta e Concello para o abastecer de auga Vigo

Publicado o 18/03/2019 19:27

A consellera de infraestruturas urxe ao goberno central a desbloquear o convenio coa Xunta e o Concello de Vigo para garanter o abastecemento de auga á cidade olívica e á súa contorna.

Ethel Vázquez participou nun encontro do Foro da Enerxía e o Medio Ambiente do círculo de empresarios de Galicia, e destacou a necesidade facer fronte aos novos retos derivados do cambio climático como o risco crecente de inundacións ou secas como a do 2016 en Vigo. Por iso, espera axilidade por parte do Ministerio de transición ecolóxica para desbloquear o acordo acadado o mes de outubro pasado. 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019