CRTVG

Buscar

Ethel Vázquez pedirá poder empregar a tarxeta metropolitana no tren

Publicado o 08/05/2019 21:10

A conselleira de Infraestruturas anunciou na cámara galega que lle vai propoñer a Fomento estender a todos os servizos de media distancia ferroviaria de Galicia o uso da tarxeta de transporte metropilitano.

Ethel Vázquez destacou que esta medida pemitiría aos usuarios beneficiarse de transbordos gratuítos cos autobuses.

A conselleira tamén defendeu a súa utilidade cando entren en servizo as estacións intermodais.

Noticias web

08/05/2019