CRTVG

Buscar

Ethel Vázquez nega que a Lei do Ciclo da Auga vaia supor unha suba de taxas

Publicado o 21/09/2021 16:42

Ethel Vázquez tamén nega que a nova Lei do ciclo da auga supoña unha suba das taxas. Defende que vén para dar apoio aos concellos, en resposta ás criticas do BNG sobre esta nova ferramenta.

"Alarmante o descoñecemento do BNG en todo o relativo á xestión da auga e esta lei, é sorprendente a hipocrisía tamén do BNG nun asunto de tanto calado e esencial como é a auga", cre Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

 

Noticias web

21/09/2021