Ethel Vázquez anuncia para setembro o remate da ampliación do IFEVI
Publicado o 05/05/2021 16:16
No mes de setembro, o Instituto Feiral de Vigo contará con 5.000 metros cadrados máis dispoñibles para celebrar eventos como Conxemar, a feira internacional de Produtos do Mar Conxelados.
Anunciouno a conselleira de Infraestruturas, que destacou que a ampliación do recinto permitirá que Galicia sexa máis competitiva na organización de feiras internacionais.
Ethel Vázquez tamén reclamou que o concello de Vigo e Goberno central melloren os accesos para evitaren colapsos de tráfico.