CRTVG

Buscar

A tormenta Eta deixa unha trintena de mortos na parte central de América e varias ducias de desaparecidos

Publicado o 06/11/2020 17:26

A tormenta tropical Eta deixou no seu paso polo centro de América polo menos 27 mortes en Nicaragua, Honduras, Panamá, Costa Rica e Guatemala, mentres que outras tantas persoas seguen desaparecidas. Con todo, o balance de decesos podería ser maior, xa que o presidente de Guatemala, Alejandro Giammattei, explicou que polo menos 50 persoas puideron morrer despois dun corremento de terra que levou por diante 25 casas en San Cristóbal de Verapaz, na zona central do país.

As autoridades de Honduras indicaron que máis de 360.000 persoas foron afectadas polo paso do furacán, e 2.770 tiveron que ser evacuadas ata este xoves. Pola súa banda, as autoridades de Panamá confirmaron cinco mortes no país asociadas ás fortes choivas, das cales dúas son de menores de idade, mentres que dúas persoas seguen desaparecidas na provincia de Chiriquí.

Ata o momento, o reporte oficial de Guatemala sinala que cinco persoas perderon a vida debido aos estragos da tormenta tropical, segundo a Coordinadora Nacional para a Redución de Desastres de Guatemala. Con todo, o presidente Giammattei asegurou que a esta cifra se poderían sumar outras 50 mortes provocadas en corrementos de terra. Tres persoas seguen desaparecidas en Guatemala.

En Costa Rica, Eta custoulles a vida a dúas persoas, unha parella que morreu despois de que un corremento de terra arrasara a súa casa

Noticias web

06/11/2020