CRTVG

Buscar

Estudantes internacionais de Arquitectura desenvolven proxectos sobre o Gaiás e o Camiño

Publicado o 21/07/2019 22:56

Estudantes internacionais de Arquitectura participan nun curso de verán da Universidade de Santiago que se está a celebrar en San Martiño Pinario. Tentan ofrecen solucións reais a problemas concretos, e están a desenvolver tres proxectos: un sobre a Cidade da Cultura e dous vinculados co Camiño de Santiago.

Jessica estuda Arquitectura en Nova York. Traballa nun proxecto que pretende solucionar a falta de ligazón entre a Cidade da Cultura e o centro urbano de Santiago.

Tamén hai estudantes de Myanmar, San Diego, Montenegro ou Moscova. Dende o pasado 3 de xullo, comparten experiencias e coñecementos neste curso que organiza a Fundación Compostela Arquitectura dende o 2010.

Do mesmo xeito, imparten clases prácticas con materiais típicos de Galicia, como a pedra, o ferro ou a madeira. Pero o principal obxectivo do curso é ofrecer solucións reais a problemas concretos. Este ano traballan coa Cidade da Cultura e con dous proxectos vinculados ao Camiño: varios albergues na contorna da cidade e unha biblitoeca camiñante.

Consideran importante traballar de xeito artesanal para fomentar a creatividade e non perder nunca a relación entre a arquitectura, a cultura do pobo e a terra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019