CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Estudantes galegos presentan en Ferrol os seus proxectos de robótica

Publicado o 31/10/2017 14:24

Hoxe houbo un concurso de robots en Ferrol. Vaia, o concurso era entre os seus creadores, estudantes de secundaria. Pero gañar non era o único obxectivo. Era a creatividade, e traballar en equipo, e achegar aos adolescentes a tecnoloxía e a enxeñería.

Demostrar o que saben facer no mundo da robótica. Isto foi o que fixeron estes alumnos de Secundaria chegados das catro provincias galegas. Constituídos en pequenos grupos, todos eles defenderon os seus particulares proxectos.

A programación e tamén os poucos recursos cos que contaban foron as maiores dificultades que tiveron que afrontar.

O xurado, formado por investigadores e profesores universitarios, tiña claro qué valorar para elixir un gañador.

Araceli Torres, vicerreitora

Quen destacaron nisto foron os alumnos do IES Virxe do Mar, de Noia, cos seus sensores que detectan altura de cada vehículo antes de entrar nun túnel. Eles, amais da boa experiencia de participar neste concurso de robots, levaron a cámara de fotos que había como premio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí