CRTVG

Buscar

Estudantes do IES da Xunqueira entrevistan os seus maiores para coñecer o pasado

Publicado o 18/06/2017 11:24

O alumnado aprende a valorar o papel das mulleres nas duras décadas despois da Guerra Civil

O alumnado aprende a valorar o papel das mulleres nas duras décadas despois da guerra civil, a través de entrevistas que manteñen coas súas propias avóas ou xente maior do seu entorno.

O proxecto consiste en facer entrevistas con mulleres maiores, sexan ou non familiares, e publicalas xunto con fotos doutras épocas. Así decátanse da enorme importancia que tiveron daquela, e cómo foron o xérmolo de moitos logros que gozamos hoxe.

Unha das cousas máis salientables é cómo se implican as mulleres e os alumnos. O que empeza en moitos casos coma un traballo algo molesto e incómodo, convértese en toda unha experiencia vital e humana.

Remover conciencias, e recuperar a memoria dunhas mulleres que o pasaron mal e case nunca foron recoñecidas, e sobre todo nun momento actual no que desgrazadamente a violencia de xénero acada niveis insoportables. Seica hai que prodigar estas iniciativas en institutos e colexios.

Un magnífico traballo que serve de exemplo. Dise que quen esquece o pasado está condenado a repetilo. Da xente nova - coa axuda de todos - depende que iso non volva suceder.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2017