Estudantes de Odontoloxía de Santiago logran traer a España un excompañeiro afgán e a súa familia
Carlos Mourelle estudaba Odontoloxía hai tres anos en Santiago e daquela tivo trato cun rapaz afgán que estaba de intercambio na facultade, Hujjat Gaffari. Este regresou despois aou seu país, pero mantiveron o contacto con el e hai unhas semanas pedíalles axuda para saír de Cabul.
Os compañeiros de Odontoloxía conseguían a través de change.org mais de 50.000 sinaturas de apoio a Hujjat, que finalmente entrou na lista do Ministerio de Exteriores para ser evacuado e o xoves pasado, xunto con seis familiares, chegaba a Madrid.
Nun case perfecto español, Hujjat o primeiro que fixo ao chegar a Madrid foi agradecer a axuda prestada polos seus excompañeiros. E os compañeiros como Carlos o que queren e que aquí Hujjat, de 23 anos, poida volver estudar canto antes.
Pois para o do abrazo Carlos terá que viaxar a Huelva, que é onde trasladaron esta semana a Hujjat coa súa familia e onde nos próximos meses terá que reinventar, como moitos outros afgáns en España, unha nova vida.