CRTVG

Buscar

Estudantes de Hong Kong condenan a violencia policial

Publicado o 02/10/2019 12:13

Centos de estudantes concentráronse ante a Corte de Xustiza de Hong Kong pedindo a liberdade para os 96 manifestantes detidos e para protestar pola acción policial de onte.

Un estudante de dezaoito anos foi ferido de bala pola policía nas protestas coas que os partidarios da democracia en Hong Kong deixaron nun segundo plano a fastuosa celebración do aniversario da República Popular China en Pequín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019