CRTVG

Buscar

Estudantes de FP decoran a praza de Salvaterra de Miño como un poboado nórdico

Publicado o 06/12/2018 14:28

Entre Galicia e o polo Norte hai unha chea de quilómetros pero o fogar de Papá Noel está máis preto de Salvaterra de Miño.

Este decorado feito en madeira é obra dos alumnos de 1º e 2º curso do ciclo de formación profesional básica de carpinteiría de Salvaterra. En colaboración co concello, empezaron a traballar nel hai xa un ano.

Os impoñentes renos de case dous metros tiran dunha zorra en que imaxinar un divertido paseo. As casiñas teñen o tamaño ideal para xogar e mesmo hai unha árbore cos seus preceptivos adornos. A decoración propia destas datas inspira, e moito, o espírito do Nadal.

A idea é reutilizar as figuriñas para os vindeiros anos, de momento permanecerán en exposición ata o remate das festas na praza do Concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018