Estudantes da ESO practican matemáticas con simuladores de voo
O Parque Tecnolóxico de Galicia acolle a primeira aula Newton permanente de España, un proxecto concibido para fomentar entre os estudantes o interese pola ciencia e a tecnoloxía.
É o resultado da colaboración entre a Xunta, a ONG First Escandinavia e a compañía aeronáutica Boeing. Está dotada con simuladores de voo nos que os estudantes de terceiro e cuarto da ESO poñen en práctica os coñecementos adquiridos na aula.
Son os primeiros alumnos da aula Newton do Parque Tecnolóxico de Galicia. Tras repasaren algúns conceptos matemáticos e físicos, póñense aos mandos dunha aeronave.
O obxectivo é estimular vocacións. Espertar o interese pola ciencia e a tecnoloxía, sectores con moito traballo e poucos especialistas.
A aula está promovida pola Xunta, que nos próximos orzamentos destina 27 millóns de euros ao Polo Aeroespacial de Galicia.