CRTVG

Buscar

Estudan o caso dunha trombose nunha vacinada con AstraZeneca en Asturias

Publicado o 05/04/2021 09:46
Estudan o caso dunha trombose nunha vacinada con AstraZeneca en Asturias

A Consellería de Saúde do Principado de Asturias estuda o caso dunha muller de 55 anos que foi diagnosticada dunha trombose cerebral de seos venosos despois de recibir a vacina de AstraZeneca contra a COVID−19.

A muller, que se atopa estable, está ingresada no Hospital Vital Álvarez Buylla, en Mieres, informou este luns a Consellería de Saúde, que estuda unha posible relación co fármaco. A administración desta vacina foi suspendida de forma cautelar en España o 15 de marzo despois de que se diagnosticasen varios casos de tromboses en varios países europeos en persoas que recibiran o fármaco.

Con todo, o uso desta vacina retomouse nove días despois, unha vez que a Axencia Europea do Medicamento ditaminase que é segura. Este é o primeiro caso de trombose cerebral que se investiga en Asturias entre as preto de 25.000 persoas que recibiron xa na comunidade autónoma a vacina de AstraZeneca, que en España se administrou a 1.722.791 persoas.