CRTVG

Buscar

Estrella Galicia reserva case medio millón de metros cadrados de terreo en Arteixo

Publicado o 15/05/2019 14:00

Hijos de Rivera di que os terreos de Arteixo cumpren os tres requisitos que se esixían para unha futura expansión: estar en Galicia, superficie abonda e dispor de auga en cantidade e calidade. Aseguran que o protoloco marca un día histórico na compañía, pero aclaran que isto non significa que vaian marchar axiña da Coruña.

"A nosa planta da Grela está agora nunha produción de 300 millóns, agardamos chegar a 450 millóns. Será segundo nolo vaia esixindo a expansión. Iso si, hoxe durmimos máis tranquilos", asegura Ignacio Rivera.

Para o presidente da Xunta, o éxito de Estrella Galicia está na síntese de ser unha multinacional con orixes, porque non mundo global, di, as raíces son un valor engadido.

"O que se dá nesta decisión é unha mestura de cabeza e corazón. De corazón, porque o seu corazón é galego; e de cabeza e de razón porque se necesita manter a fidelidade, pero que esa fidelidade teña viabilidade económica e empresarial", afirma Feijóo.

Con este protocolo, Estrella Galicia reserva a metade da superficie do polígono arteixán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019