CRTVG

Buscar

Estrella Galicia inaugura na Coruña o seu Museo da Cervexa

Publicado o 19/06/2019 16:31

Estrella Galicia inaugura na Coruña o seu Museo da Cervexa. 2.500 metros cadrados de superficie que mostran boa parte da historia desta empresa que botaba a andar en 1906. A familia Rivera escolleu para a apertura este día 19 do mes seis que lembra o ano da fundación dunha empresa que ten, dixo o seu Presidente, os seus traballadores, a cervexa e Galicia como bandeira. O presidente da Xunta destacou durante o acto o compromiso do goberno autonómico coas empresas familiares.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia. "O compromiso da Xunta de Galicia é que as empresas familaires no que se refire a sucesión non paguen impostos. Ese é un compromiso que tempos ata a cuarta xeración. Pero hai empresas que están xa na quinta xeración e ese é un compromiso que asumimos porque é de xustiza".



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019