Estrella Galicia converterá en "Morriña" o antigo Café Derby
Publicado o 11/06/2021 20:58

Un dos locais máis emblemáticos de Santiago pechado hai un ano tras máis de 90 de actividade xa ten novo inquilino. O antigo Café Derby converteráse nunha cervexaría da liña de negocio Morriña da familia Rivera propietaria de Estrella Galicia.
O local súmase as "Morriñas" de A Coruña, Madrid, Barcelona ou Sevilla. O proxecto respectará ao máximo o antigo Derby e a súas pezas protexidas por patrimonio como as vidrieiras, o zócalo ou a carpintería interior que veron pasar por alí a personaxes tan ilustres como Valle Inclán ou Isaac Díaz Pardo.