CRTVG

Buscar

Estrella Galicia abre as portas do seu museo

Publicado o 13/06/2019 16:48

O museo MEGA da cervexa Estrella Galicia está chamado a ser un referente turístico, n centro de peregrinación para os milleiros de devotos que Estrella Galicia ten polo mundo adiante. Ocupa un espazo de 2.500 metros cadrados e está emprazado no propio corazón destas instalacións da Grela. Unha particularidade, a de estar dentro dunha fábrica en funcionamento, que o fai único no mundo.

A visita comeza simulando que o visitante entra nunha cana de cervexa e a partir de aí entran en xogo todos os sentidos. Aquí pódese tocar, sentir, cheirar e, como non, probar... xa que a visita remata nunha zona de degustación. Pero amais de todo isto, este museo conta con tres puntos con certo potencial de sorpresa. Así que, quen teña curiosidade por descubrir todo isto, poderá facelo a partir do próximo mércores, 19 de xuño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019