CRTVG

Buscar

Estrela o coche contra a embaixada chinesa en Bos Aires

Publicado o 23/06/2020 08:36

Un arxentino de 24 anos estrelou o seu coche contra a embaixada chinesa en Bos Aires. Non se produciron danos persoais. O mozo, que pretendía derrubar a porta co vehículo, xa foi detido. Nun vídeo, o autor dos feitos dixo que sabía a verdade da COVID-19, que a CIA está detrás de todo e que precisaba axuda da embaixada chinesa.

Noticias web

23/06/2020