Estréase unha webserie sobre o camiño de Santiago a vista de dron
Publicado o 16/04/2020 18:23
Dez protagonistas, oito percorridos. Únímonos a eles para viaxar desde o sofá coa vantaxe de facelo a vista de paxaro.
Boa coñecedora das rutas xacobeas e piloto de drons ela mesma, Alejandra Gómez pensou que levantar a ollada do chan podería axudar os futuros peregrinos a escoller cal dos camiños percorrer para chegaren a Compostela.
A webserie, da que xa están dispoñibles os tres primeiros capítulos, forma parte dunha plataforma accesible de recursos sobre o Camiño, para cando se poidan desconfinar os pasos.