CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Estréase a primeira película de inclusión LGTB en galego

Publicado o 06/04/2018 15:34



Entre as estreas desta fin de semana tamén hai que salientar a da película 'Nove de novembro', a primeira longa de temática LGTB rodada en galego. Dirixida por Lázaro Louzao, conta a historia dos dez anos de relación de Roberto e Miguel. O Teatro Colón da Coruña acollerá a proxección desta cinta que quere visibilizar e normalizar os valores da diversidade sexual, a inclusión e o uso do galego.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí