CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Estreas de cine nas carteleiras

Publicado o 12/01/2018 17:12

'Tres anuncios en las afueras', Martin McDonagh

O poder dunha nai ante un acontecemento estremo é inimaxinable. A reacción da que interpreta Francesc McDormand ante a morte da súa filla é excesiva, pero alentadora: a denuncia cuns carteis pola mediocridade do shériff local na investigación do caso. Puro terror realista dentro dunha sociedade individualista e solitaria.

'El instante más oscuro', Joe Wright

Inmensamente valorada, idealizada ás veces, a figura política de Winston Churchill é vital na historia europea. O filme narra o momento en que o primeiro ministro inglés accede ao poder e ten ante si a misión de decidir como parar a Hitler no seu avance imparable: acordo de paz ou guerra aberta. Gary Oldman xa ten o Globo de Ouro na saca por facer de Churchill.

'Loving Vincent', Dorota Kobiela

Un filme pintado ao óleo. 120 obras de Van Gogh reproducidas por diferentes artistas para compoñer a historia da súa vida. A intención de conservar o estilo impresionista é a base dun filme de estrema beleza gañador do Premio do cine europeo ao mellor filme de animación.

'Thi mai', Patricia Ferreira

Na década anterior, Patricia Ferreira traballou en Galicia con filmes como 'Sei quen' es ou 'Señora de'. Afastada de Galicia, volve á ficción con esta historia que relata un proceso de adopción en Vietnam paralelo á morte da filla dunha amiga. Carmen Machi, Adriana Ozores e Aitana Sánchez-Gijón á fronte do elenco.

'El extranjero', Martin Campbell

Jackie Chan é un apacible restaurador en Londres, pero todo iso vai mudar co asasinato da súa filla adolescente nun atentado terrorista. A vinganza sacará o demo que leva no interior. O demo e as habilidades de loita agochadas.

Zigzag Diario

12/01/2018