CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Estreas de carteleira

Publicado o 01/06/2018 15:27









Nas estreas de cine desta semana salienta un filme galego con participación da Televisión de Galicia. Xa tedes 'A estación violenta', de Anxos Fazáns, nos vosos cines.




'A estación violenta', Anxos Fazáns
Alberto Rolán, Nerea Barros e Xosé Barato formando un trío sentimental que deambula polas rúas de Compostela e os areais das Rías Baixas co peso do pasado e a amargura do futuro. Un filme moi preto da pel dos protagonistas, da luz de Galicia e do son a fracaso. Debut na longa da súa directora, Anxos Fazáns.

'Camarón'
Un profundo achegamento con forma de documental á figura de Camarón. O home que revolucionou o flamenco visto desde o íntimo e o profesional con documentos inéditos e entrevistas no seu círculo. Un retrato milimétrico narrado polo actor Juan Diego.

'Algo celosa'
Os celos son ese sentimento incontrolable que xorde desde os lugares más incomprensibles da alma humana. Iso sucédelle de pronto á profesora divorciada protagonista do filme. Comedia francesa que vai escurecendo a medida que avanza a metraxe.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí