CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Estreas cinematográficas no 'ZigZag'

Publicado o 24/11/2017 17:13

Co director catalán conversamos a distancia, de Compostela a Barcelona, emulando a relación dos personaxes do seu primeiro filme.

A periferia en 'Tierra firme' pasa pola relación de dúas mulleres que viven nun barco en Londres. Oona Chaplin e Natalia Tena ante a decisión de ser nais.

Marqués-Marcet retratando as parellas contemporáneas sacando a verdade dos seus personaxes.

'En realidad nunca estuviste aquí'
Un ex-militar interpretado por Joaquin Phoenix intentando resolver un caso de secuestro da filla dun senador americano. A estética da violencia que roda Ramsey lembra a Taxi Driver. No fondo do filme, a cuestión de se pode exisitir unha ética do violento.

'Asesinato en el Orient Express'
Kenneth Branagh coma mestre de cerimonias desta nova versión do libro de Agatha Christie. Dirixe e interpreta a Hércules Poirot nun tren cheo de intriga e pasaxeiros sospeitosos.

'Tierra de Dios'
Autodescubrimento e espertar emocional para un granxeiro de ovellas no norte de Inglaterra. A chegada dun rapaz romanés vai mudar toda a súa experiencia vital e esa revolución afectará a súa comprensión da contorna e da familia.

'6 días, Toa Fraser'
Filme de acción de base real que conta o secuestro da embaixada iraniana en Londres no ano 1980. Un grupo de terroristas contrarios a jomeini fixeron 26 reféns e pediron a liberación de 91 presos a cambio.
O proceso de liberación dos retidos coñeceuse como operación Nimrod.

'Paddington 2, Paul King'
Paddington fronte a Hugh Grant. Porque o actor inglés e o malvado ao que o oso literario terá que se enfrontar para acadar a tranquilidade da súa xente. Boa será se antes ou despois se volve ás aventuras escritas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

24/11/2017