CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Estreas cinematográficas desta semana

Publicado o 14/09/2018 15:31
A nova e agardada película de Javier Bardem e Penélope Cruz, ou a última entrega da saga 'Depredador', son, entre outras, as novas estreas desta semana.









Penélope Cruz e Javier Bardem protagonizan a nova película do iraniano Asghar Farhadi. Todos los saben é un thriller psicolóxico en que a protagonista regresa dende Bos Aires á súa vila natal en España para celebrar o casamento da irmá. O que alí acontecerá cambiará drasticamente as súas vidas.
Estréase tamen, 'Predator', a nova entrega da saga 'Depredador'. Agora os cazadores máis letais do universo son máis fortes, intelixentes e mortais ca nunca.
Diane Keaton e Jane Fonda protagonizan Book Club, unha comedia dirixida por Bill Holderman en que un grupo de amigas ven como as súas vidas dan un xiro inesperado e divertido cando no seu club de lectura abordan o libro 'Cincuenta sombras de Grey'.
Tamén aos cines chega o debut como directora de Camen Blanco con, 'Los amores cobardes', e 'Al aire patos', un filme de animación dirixido por Christopher Jenkins.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí