CRTVG

Buscar

Estrea histórica do Rotogal Boiro na Copa

Publicado o 05/02/2021 20:03

Non puido ser, o Rotogal Boiro caeu eliminado na primeira participación da súa historia na copa do rei de voleibol. Non era doado o desafío para o cadro da Barbanza, medíase a un dos mellores equipos da competición. O Guaguas derrotara ao Boiro por tres sets a 0 nos dous partidos da liga. Os xogadores de Emilio Palacio deron a cara nesta estrea histórica pero caeron por 25-18, 25-13 e 25-17. O Boiro volve das Canarias cunha derrota pero tamén coa grande experiencia de se ter estreado na copa.
 

Noticias web

05/02/2021