CRTVG

Buscar

Estrea goleadora de Sergio Carreira coa camisola do Mirandés

Publicado o 24/07/2021 13:36

Esta mañá debutou como xogador do Mirandés o lateral Sergio Carreira, que completou a súa cesión hai tres días logo de ampliar o seu contrato co Celta. Non é un goleador pero estreouse anotando o único gol do partido. Carreira xogou toda a segunda metade e no minuto 55 deulle o triunfo ao Mirandés diante do filial do Athlétic.

Noticias web

24/07/2021