CRTVG

Buscar

Estrea dos peliqueiros e reparto da bica en Laza

Publicado o 03/03/2019 17:36

A mítica praza da Picota de Laza ten un tamaño relativo. Estreita e suficiente o resto do ano, crece cando chega o Entroido e os peliqueiros anchean o espazo a golpe de látego para lle dar cabida a un número cada ano maior de visitantes, de fotógrafos, profesionais e espontáneos, e dos veciños daquí, os que levan dentro as formigas do Entroido.

Hoxe é o día da estrea. Cando os peliqueiros visten por primeira vez o traxe e poñen a máscara. A saída da misa, cos peliqueiros dispostos en ringleiras para recibiren os fregueses, é un dos momentos centrais da xornada.

E finalmente, a bica, porque non só de cocido vive o peliqueiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019