Estrea do documental "Os castros" ás oito e media en Televisión de Galicia
Publicado o 25/10/2020 10:48
Alba Mancebo, estará con todos nós por partida dobre tamén pola tarde. Será antes do Telexornal serán, coa estrea do documental Os castros, un programa que pretende dar a coñecer a riqueza do noso patrimonio castrexo.
Os castros afondará, coa axuda de expertos, profesores universitarios e arqueólogos, na arquitectura, na organización social e política, nas crenzas e nos vestixios que chegaron a nós e aos nosos museos dos antigos poboadores de Galicia.