Estrea do documental 'Operation beyond the borders' do cirurxián galego Diego González Rivas
Publicado o 27/04/2021 20:25
Vive entre quirófanos e avións ensinando a profesionais do mundo a técnica, creada por el, de cirurxía mínimamente invasiva de pulmón. Desta volta amosa a súa viaxe a Gaza en decembro onde viviu situacións difíciles.
En 32 minutos de filme reflicte as impresións que lle provocou un territorio sitiado cunha das maiores densidades de poboación do mundo.
Nesta aventura estivo acompañado por Abu Akar Firas, cirurxán dun hospital palestino de Xerusalén, quen fala da dramática situación sanitaria en Gaza.
A estrea do documental realizouse en fomato virtual e pode verse a través da web da Fundación María José Jove.