CRTVG

Buscar

Estrea da ecoetiqueta Pescaenverde, a primeira do mundo con pegada de carbono

Publicado o 11/07/2018 21:11

O peixe das lonxas galegas dispón dunha nova etiqueta asociada a PescadeRías, PESCAENVERDE, a primeira ecoetiqueta no mundo que mide a pegada de carbono na actividade pesqueira.

É froito dun longo proxecto da Universidade de Santiago e os primeiros selos puxéronse esta tarde en Portonovo nun acto en que estiveron o reitor e maila conselleira do Mar.

Unhas pescadas e uns sanmartiños de Portonovo son os primeiros peixes do mundo que sairán ao mercado coa ecoetiqueta pescaenverde.

O  novo selo vai asociado ao de PescadeRías e mide a pegada de carbono que deixou a pesca e maila relación entre a enerxía que se consumiu para pescar e a que achega cada peixe.

Pescaenverde é froito dunha longa investigación do Grupo de Biotecnoloxía da Universidade de Santiago.

Pescaenverde abrangue máis de 120 especies de peixes e mariscos. A conselleira do Mar considera un paso máis para conseguir diferenciar os produtos de aquí.

Na lonxa de Portonovo estiveron representantes de 13 confrarías con lonxas de baixura que van traballar desde agora mesmo coa nova ecoetiquieta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018