CRTVG

Buscar

Estrea absoluta da 'Suite Sinfónica nº 1' de Eduardo Soutullo no Auditorio de Galicia

Publicado o 13/06/2019 16:48

Ás 8.30 da tarde estrea absoluta, no Auditorio de Galicia de Compostela, dunha peza sinfónica de autoría galega contemporánea. Inspirada na obra teatral Romance de lobos, de Valle-Inclán. Con entrada de balde.

Nas Xornadas de Música Contemporánea do Auditorio de Galicia, estrea absoluta, hoxe, da Suite sinfónica n.º 1 do compositor vigués Eduardo Soutullo. Inspirada na peza teatral Romance de lobos, de Valle-Inclán.

A Real Filharmonía, dirixida polo seu titular, Paul Daniel, serán os encargados de dárnola a coñecer, a partir das 8.30 da tarde.

Con perceptibles influencias de Messiaen ou Takemitsu. Esta suite pasa a ser outro chanzo na súa exitosa carreira, na que destaca o Premio Raíña Sofía de composición musical no 2008.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019