CRTVG

Buscar

Estrasburgo avala as "devolucións en quente" no valo de Melilla

Publicado o 13/02/2020 15:32
Estrasburgo avala as "devolucións en quente" no valo de Melilla

A Gran Sala do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos avalou este xoves as expulsións de dous inmigrantes subsaharianos que saltaron o valo de Melilla en 2014 porque "se puxeron eles mesmos nunha situación de ilegalidade" ao accederen "a lugares non autorizados" e "recorrendo á forza".

O ditame a favor de España engade que os inmigrantes "decidiron non utilizar as entradas legais existentes que lles permitisen acceder de modo regular ao territorio español" e revoga desta forma a sentenza condenatoria da Sala de 2017 por "expulsión colectiva sen medida xudicial previa". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí