CRTVG

Buscar

Estragan seis coches aparcados nun garaxe comunitario en Pontevedra

Publicado o 06/07/2021 14:43

Os veciños do edificio 16 da rúa Alameda de Pontevedra consideran que o acontecido este domingo no garaxe do inmoble é moi grave.  Ás sete da tarde todo estaba en orde e tres horas despois, había seis coches estragadados. Suponse que o autor valeuse dunhas pezas de formigón para golpear parabrisas, ventás e retrovisores ata esnaquizalos.

O veciño en cuestión, duns vinte anos de idade, denúnciárono por poñer a música a todo volume de madrugada e outras molestias á comunidade. Sospeitan que lle chegou sentenza condenatoria e aplicou así a vinganza. Os que viven máis próximos ao piso do rapaz conflitivo son, evidentemente, os máis prexudicados e os que máis ten que pedir a axuda policial. A denuncia destes estragos presentárona na Policía Nacional. Ao parecer o autor do feito non deixou  pegadas perceptibles.

Noticias web

06/07/2021