Estragan todas as balizas do paseo marítimo de Caión
Publicado o 14/04/2020 14:20
Nin o estado de alarma serve para poñerlles freo aos vándalos. No concello da Laracha tratan de localizar os responsable do estrago de todas as balizas da iluminación pública no paseo marítimo da vila mariñeira de Caión, en total 35, que quedaron totalmente inservibles.
Calculan que os danos poden andar nos 15.000 euros.