CRTVG

Buscar

Estragan a rehabilitación dun lavadoiro en Redondela

Publicado o 17/09/2021 14:26

O vándalos estragaron un lavadoiro que estaba a ser rehabilitado en Redondela. Agora, os veciños tratan de dar cos autores das pintadas que estragaron as pedras. Uns actos que se producen xusto cando os alumnos do obradoiro de emprego remataban a rehabilitación do espazo.

O lavadoiro está nun camiño que une os barrios de Chapela de Arriba e Chapela de Abaixo, xusto a carón da nova senda verde, que tamén sufriu numerosos estragos nas últimas semanas. Ás pintadas, súmase o lixo que depositan na zona.

Os feitos xa foron denunciados e agora contan con que a colaboración veciñal permita identificar os autores destas pintadas.

Noticias web

17/09/2021