CRTVG

Buscar

Estradas cortadas, inundacións e mesmo un tornado, primeiras consecuencias da gota fría

Publicado o 22/10/2019 20:55

Son as consencuencias da gota fría nas Baleares e en Cataluña, onde esta tarde se supenderon os trens entre Barcelona e Valencia. A estas horas a situación estase complicando en Tarragona e Xirona, onde chove intensamente.

Cataluña ten activada a alerta vermella en Xirona por chuvias que deixará 180 litros por metro cadrado en 12 horas. En Barcelona, Lleida e Tarragona continúa a alerta laranxa por treboadas e acumulacións de ata 60 litros nunha hora. Na comunidade valenciana só Castellón e Alacante teñen a alerta laranxa por chuvia, que pode ser torrencial. Nas Baleares, a forte chuvia obrigou a cortar varias estradas pola caída de árbores.

Ademais, un tornado levantou material de construción e causoulles feridas leves a tres persoas. Segundo a Axencia de Meteoroloxía, nas próximas horas a situación irá mellorando no Levante e empeorando en Cataluña e no Cantábrico. Os avisos polo mal tempo vanse manter ata o xoves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019