CRTVG

Buscar

Estoupa un camión cisterna en Terrasa con máis de 30.000 litros de combustible

Publicado o 24/09/2019 18:47

Explota un camión cisterna que transportaba combustible na autoestrada C-16 á altura de Terrassa, en Barcelona. Concretamente, levaba máis de 20.000 litros de gasolina e 15.000 de gasóleo.

O incendio, que se produciu por causas que aínda se descoñecen, obrigou a cortar dúas das principais vías da área metropolitana e provocou o caos circulatorio. Tamén interrompeu o servizo da liña S1 dos Ferrocarrils de la Generalitat. A primeira hora desta tarde restableceuse por completo a circulación tanto por estrada como por ferrocarril.











 

Noticias web

24/09/2019