CRTVG

Buscar

"Estou moi agradecida á xente que é doadora, porque salvan moitas vidas. Quero que a xente se conciencie disto"

Publicado o 23/09/2019 11:31

Peregrina Lorenzo é viguesa, leva un mes cun novo pulmón. Foi trasplantada no Hospital da Coruña, e pasado este tempo di que agora "a vida é totalmente distinta, é como volver empeza de novo, podes respirar por ti mesma, facer cousas que antes non podías facer...".

Ela padecía unha fibrorese e explica que "a miña vida era moi precaria, non podía subir escaleiras, costas, facer unha cama...".

Agora ten que manter moitos coidados da súa saúde, especialmente unha "hixiene estrita e continua", porque "somos propensos a coller calquera virus", explica.

Dáse a circunstancia no seu caso de que coñece a outra receptora dun pulmón da persoa que doou o que ela agora leva: "Sucedeu así, sabiamos que era o mesmo doador para a mesmas persoas, non nos coñeciamos de nada, coñecéronse as familias na sala de espera e souberon que a outra persoa tamén é de Vigo, unha muller, ela leva o esquerdo e eu o dereito".

Desde a súa experiencia fai un chamamento para que a xente doe órganos: "Eu estou moi agradecida á xente que é doadora, porque salvan moitas vidas. Quero que a xente se conciencie disto, que se poden salvar moitas vidas".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí