Esther Sullastres: "A profesionalización supón un gran paso en termos de igualdade, pensei que tardaría anos"
Publicado o 02/06/2021 16:11
Celebran as xogadoras do Deportivo Abanca que o fútbol feminino sexa profesional a partir do vindeiro 15 de xuño. Vanse sentir máis protexidas.
A Esther Sullastres, porteira branca e azul, sorprendeulle a medida: "Supón un gran paso adiante en termos de igualdade. Pensei que tardaría anos".
A gardameta confía en que o convenio vaia mellorando ano tras a ano e sente as bases moi necesarias.
"Facía moita falta esa cobertura, eu mesma vivín desprezos por parte de clubs", relata Sullastres.