CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Esther Daporta, mellor sumiller galega

Publicado o 20/06/2015 21:25




Levar o título da mellor sumiller galega, e ter ademais un apelido de sona gastronómica é unha responsabilidade que a cambadesa Esther Daporta leva desde hai case dous meses.
Estivemos con ela no restaurante Yayo Daporta, que rexenta xunto con seu irmán desde hai dez anos.

Esther Daporta entra na adega do seu restaurante para amosarnos os seus viños. Non traballa con carta, porque nun viño, a día de hoxe, todo importa, desde a botella ata a etiqueta, polo que prefire que se vexan. Recibiu o Pemio Mágnum á mellor sumiller no tratamento do viño galego, que entrega o Instituto Galego do Viño, por unha traxectoria que comeza na tradición familiar e no seu interese desde hai anos.
Desde entón todos os xoves xúntase cun grupo de xente coa que proba e conversa sobre viño, e pon en práctica no restaurante o que vai coñecendo.
E nesta adega, o 80% dos viños son galegos.
Calidade, orixinalidade e por suposto, os gustos dos comensais, son os seus principios á hora de recomendar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí