CRTVG

Buscar

Estes veciños viven porta con porta pero en distintos países

Publicado o 29/03/2019 22:03

Entre Bélxica e os Países Baíxos hai unha localidade que mantén as divisións fronteirizas desde a Idade Media. Iso supón que moitas familias vivan, literalmente, entre os dous países. O lugar onde está a porta da casa marca a residencia legal dos veciños.

Estes veciños viven porta con porta pero, un reside e paga impostos en Bélxica e o outro nos Países Baixos. A liña fronteiriza no chan delimita os dous países. O lugar exacto onde está a porta da casa indica o país de residencia ¿Qué pasa cando a marca que delimita está no medio da porta? Entramos no estudio de Silvia, unha artista local que mantén a liña divisoria simbólicamente.

Realmente non hai fronteiras, di esta artista local. O mesmo nos conta Fran, que traballa nun edificio ubicado, a metade en Bélxica e a outra metade nos Países Baixos. Dentro do inmoble a liña divisoria prácticamente pasa inadvertida pero, cando sí as fronteiras dividían os países, conta Fran que os bares movían as sillas e mesas en función de qué país permitía pechar máis tarde. Tamén os veciños movían as portas das casas para beneficiarse das ventaxas fiscais.

En Baarle hai uns vinte enclaves belgas en territorio holandés e uns sete holandeses en territorio belga. A vida está así fragmentada desde a Idade Media. Centos de anos nos que se gañou o alcume da zona fronteiriza máis complexa do mundo.


 

Noticias web

29/03/2019