CRTVG

Buscar

Co confinamento aumentan os conflitos veciñais

Publicado o 23/04/2020 10:51

Tanto tempo metidos na casa está a provocar conflitos familiares pero tamén cos veciños. Carmela Lavandeira é a vicepresidenta do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia.

"Os conflitos veciñais sempre existiron, pero agora as molestias son maiores porque a xente está na casa. Os conflitos van pasando por distintas fases. Nun primeiro momento, á xente custoulle moitísimo ter que quedar na casa. Entón emerxeron os conflitos nas urbanizacións en que había zonas comúns e parques infantís, porque vías que os nenos ían ás randeeiras. Tivemos que pedirlle un protocolo á policía".

"Logo tiñamos algúns pisos que estaban en reformas, porque as obras estaban permitidas. Tivemos problemas cos obreiros porque entre que sacaban casacallos, a xente entraba coas bolsas do súper... producíase un rebumbio tremendo".

"Agora a xente está moito máis concienciada e as queixas son máis de ruídos e molestias. Eu teño un edificio en que ao veciño lle dá por tocar a batería todas as tardes. Claro, a batería é un instrumento complicado. Cústalle entender que aos seus veciños lles pode molestar. A xente xa está crispada".


 

Noticias web

23/04/2020