CRTVG

Buscar

Estes son os 20 concellos con maior incidencia acumulada en Galicia

Publicado o 18/01/2021 11:45

• A poboación ten un papel fundamental, aínda que a metade teñen máis de 3.000 habitantes

• Deles, dez pertencen á provincia de Ourense

• Ourense é a cidade con máis incidencia, despois de Santiago

Estes son os 20 concellos con maior incidencia acumulada en Galicia

A terceira vaga non deixa descanso e prosegue nunha escalada de contaxios e hospitalizacións preocupante, con seis días consecutivos superando o mileiro de contaxios.

O mapa de concellos vai tinguíndose cada vez máis de vermello, ao superaren os 250 de incidencia acumulada máis de 150 municipios do país.

Os concellos con maior incidencia

Malia que os casos activos a catorce días van incrementándose en boa parte do territorio galego, hai varios concellos que rexistran incidencias a 14 de días moito máis elevadas ca a media galega (490).

Cómpre ter en conta que os datos facilitados polo Sergas non permiten calcular unha incidencia acumulada naqueles concellos en que hai menos de dez casos activos, polo que a seguinte listaxe é orientativa.

Se ollamos a listaxe de concellos coa maior incidencia acumulada, observamos que a maioría son concellos de poucos habitantes. Con todo, a metade superan os 3.000, e cinco, os 5.000.

Por provincias, a metade son de Ourense (Calvos de Randín, Vilar de Santos, Leiro, Muíños, Xinzo, San Xoán de Ríos, Allariz, Trasmiras e Sandiás), aínda que os cinco primeiros que encabezan a listaxe, segundo os últimos datos do Sergas (consolidados o 17/01 ás 18:00), están repartidos entre as catro provincias.