CRTVG

Buscar

Estes son os 20 concellos con maior incidencia acumulada de Galicia

Publicado o 07/01/2021 11:53
Estes son os 20 concellos con maior incidencia acumulada de Galicia

Tras os festivos invernais, Galicia está a experimentar unha repunta dos contaxios que deixa respecto ao 24 de decembro 1.045 casos activos máis, tras 6.485 novos contaxios dende entón.

O impacto é heteroxéneo e afecta de xeito distinto en toda Galicia. Hai concellos que están a sufrir máis ca outros o impacto dos gromos nestas datas. A continuación deixámosche unha táboa cos 20 con maior incidencia acumulada.

Cómpre ter en conta que a incidencia acumulada en concellos con pouca poboación acaba resultando ás veces moi elevada ou mesmo sobredimensionada con poucos casos, polo que, malia ser un parámetro que Sanidade ten en conta á hora de tomar medidas, debemos lela e interpretala con cautela no seu contexto (cantos casos hai e como van evolucionando ao longo do tempo).

Tamén podes consultar o mapa de Galicia cos casos e as incidencias de todos os concellos.