CRTVG

Buscar

Estes son os 19 concellos galegos sen casos de coronavirus

Publicado o 25/01/2021 12:00
Estes son os 19 concellos galegos sen casos de coronavirus

A situación de Galicia é certamente preocupante. Os casos activs non paran de medrar e a presión hospitalaria supera xa os niveis da primeira vaga, sen se albiscar polo de agora o cumio desta terceira onda.

Neste contexto complexo, hai concellos que resisten mellor ca outros no país. Hai 19 que a día de hoxe non contan con ningún caso diagnosticado nos últimos catorce días entre os seus habitantes.

Os 19 concellos libres de covid-19

Absolutamente todos pertencen a Lugo ou a Ourense, deixando a listaxe dividida case á metade. Son de Lugo os concellos de Baleira, Carballedo, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Páramo, Ribeira de Piquín, Trabada e Triacastela.

En Ourense temos sen casos diagnosticados nos últimos catorce días Avión, Entrimo, Gomesende, Xunqueira de Espadanedo, Larouco, Parada do Sil,Quintela de Leirado, A Teixeira, Toén e Vilariño de Conso.