CRTVG

Buscar

Estes son horarios e as condicións para facer deporte

Publicado o 01/05/2020 16:39

• Faremos deporte sempre será de xeito individual

Poderemos facer calquera deporte individual dentro do noso Concello. Ollo, individual. Sen contacto con outras persoas. Poderemos estar polos paseos, espacios naturias ou zonas verdes autorizadas. E ata navegar -sempre de xeito individual- ou facer surf.

Sempre no Concello propio. E será unha vez ao día con estas franxas horarias:

- Pola mañá, de 6 a 10 para as persoas entre 14 e 70 anos; de 10 a 12 para os de máis de 70 anos.
- Pola tarde, de 7 a 8 para os maiores de máis de 70 anos; de 8 a 11 para os que temos entre 14 e 70 anos.

Durante esa franxa poderemos facer todo o deporte que queiramos pero sen cruzar as fronteiras do Concello. E ollo, todo iso só lle vai afectar a un 15% dos galegos. Só lle afecta aos Concellos de máis de 5.000 habitantes.



Salvador Illa. Ministro de Sanidade

Noticias web

01/05/2020