Esténdese o gromo dos barcos do cerco de Ribeira
Son 10 en total os mariñeiros contaxiados, 9 no cerqueiro Poche e 1 no Praia de Covas, ambos os dous con base no porto ribeirán de Aguiño. Compartiron bus para volver de Asturias o xoves pasado, para descansar da costeira da anchoa, unha actividade en que hai contacto moi estreito dentro e fóra dos barcos, de aí, din, a urxencia de que sexan vacinados. Agora as tripulacións dos 3 barcos que compartiron bus, uns 35 mariñeiros, están confinados nos seus fogares á espera de que non aparezan novos positivos e poder regresar a traballar, xa que cada día que perden son uns 15.000 euros de perdas.
No porto de Aguiño non se ve hoxe ningún barco cerqueiro. Están amarrados en Xixón á espera de que regresen os mariñeiros afectados por un gromo que xa ten 10 contaxiados.
As tripulacións dos tres barcos que compartiron o autobús para regresar de Asturias, uns 35 mariñeiros, permanecen confinados en terra á espera de volver traballar nunha das campañas máis importantes do ano.
Insisten en que a súa é unha actividade esencial, cunha convivencia moi estreita, polo que agardan recibir a vacina canto antes.
Co gromo dos cerqueiros soben a 43 os casos activos en Ribeira, que permanece co interior da hostalería pechada e as terrazas ao 50 % da ocupación para conter o avance do virus.